Thursday 02 de May de 2024

Inauguración da exposición “Emocións” de Oswaldo Guayasamín no Museo do Gravado


Este martes 21 de marzo o Museo do Gravado de Artes dará cabida á inauguración dunha nova exposición titulada Emocións, de Oswaldo Guayasamín.

O acto descorrerá do seguinte xeito:

12.00 h: Recibimento polo Presidente da Fundación do Museo de Artes do Gravado, Manuel Ruíz Rivas da vicepresidenta da Deputación da Coruña; Goretti Sanmartín e da Deputada de Benestar, Ánxela Franco Pouso. A continuación, visita das tres salas do museo e dos fondos artísticos do mesmo. Coincidiremos neste momento coa visita do alumnado do IES Leliadoura que estarán vendo as exposicións do museo.

13.00 h: Inauguración na Sala 2 do Museo da exposición que leva por título Emocións, de Oswaldo Guayasamín. Neste acto haberá as intervencións das autoridades presentes: Iníciase o acto coa intervención musical de Paola Sberber. Presenta e dirixe o acto o Director do Museo do Gravado, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, a continuación intervirá a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e pechará o acto o presidente da Fundación, Manuel Ruíz Rivas. Despois a crítica de arte, Fátima Otera fará unha breve recensión da exposición e da arte de Guayasamín. Rematará o acto coa cantante de ópera Paola Sperberg.

14.00 h: Peche do acto e despedida das autoridades.